Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52049

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (258/2014 auto de aclaración).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 258/2014 por instancia de Hernán Ariel Romero Leiva contra a empresa Perfecto Manuel Moreira Lema sobre despedimento, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza do 21 de outubro de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva

A súa señoría acorda rectificar a resolución da presente sentenza, o cal quedará do teor literal seguinte:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Hernán Ariel Romero Leiva fronte á empresa Perfecto Manuel Moreira Lema e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola empresa Perfecto Manuel Moreira Lema ao demandante.

– Condénase a Perfecto Manuel Moreira Lema a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 415,03 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente suman 4.980,30 euros, aos cales se deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notifican a razón de 21,56 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Perfecto Manuel Moreira Lema expido e asino a presente.

A Coruña, 2 de decembro de 2014

O secretario xudicial