Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 22 de decembro de 2014 Páx. 52047

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (862/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 862/2014 por instancia de María Victoria Castro Cures contra Línea Futurex Avance, S.L. sobre despedimento, nos cales foi ditada sentenza con data 18.11.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido:

Estimar parcialmente a demanda formulada por María Victoria Castro Cures contra Líneas Futurex Avance, S.L., o administrador concursal da empresa Línea Futurex Avance, S.L., Sr. González García, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente a extinción da relación laboral acordada pola empresa Línea Futurex Avance, S.L. en relación coa demandante.

– Declárase extinguida a relación laboral entre as partes na data da presente resolución.

– Condénase a empresa Línea Futurex Avance, S.L. a aboar á demandante a cantidade de dous mil catrocentos oitenta e nove euros con sesenta céntimos de euro (2.489,60 euros) en concepto de indemnización, vinculando tales cantidades ao administrador concursal.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e firma, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Línea Futurex Avance, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 1 de decembro de 2014

O secretario xudicial