Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de decembro de 2014 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario número 367/2014 no expediente de reposición da legalidade número COR/48/2013, ao ser devolta a notificación polo servizo de Correos.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol, en relación co procedemento ordinario número 367/2014, interposto por Raquel Dopico Bellón e Benjamin Caride Beceiro, contra a resolución ditada pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no expediente de reposición da legalidade urbanística número COR/48/2013, pola que declara ilegalizables as obras executadas sen autorización urbanística, consistentes na instalación dunha construción prefabricada con tipoloxía de vivenda, dúas casetas auxiliares e unha soleira de formigón, no lugar de Coto dos Borreiro-Castrillón-San Xurxo, concello de Ferrol, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol.

Polo exposto, mediante a presente resolución empránzase os herdeiros de Gracia Beceiro Veiga para que poidan comparecer como interesados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística