Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de decembro de 2014 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 14 de decembro de 2013 ditada no expediente número IU1/44/2011-B1R1, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 13 de outubro de 2014 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Amalia Parra Santamarina, contra a Resolución do 14 de decembro de 2013, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras promovidas pola citada interesada consistentes na ampliación de vivenda mediante a construción de tres edificacións anexas; na rúa Garduña, 22, Broño-parroquia de Maianca, no concello de Oleiros, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á citada interesada, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á citada interesada a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística