Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de execución de obra pública hidráulica non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

FEDER_PROXECTO COFINANCIADO.png

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través da http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de ligazóns de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web:
http://www.augasdegalicia.xunta.es

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: obra.

Descrición: melloras na estación depuradora de augas residuais de Redondela. Redondela (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1036.

CPV (referencia de nomenclatura): 45252200-0 e 45259900-6.

Medio e data de publicación da licitación: DOG núm. 98, do 23 de maio de 2014.

Orzamento base de licitación: importe neto: 162.255,49 euros. Importe total: 196.329,14 euros.

Data de adxudicación: 3 de novembro de 2014.

Importe de adxudicación: importe neto: 141.405,66 euros. Importe total: 171.100,85 euros.

Data de formalización do contrato: 19 de novembro de 2014.

Contratista: Macraut Ingenieros, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nunha porcentaxe dun oitenta por cento (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3 (medio ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos), tema prioritario ou medida 46 (tratamento da auga-auga residual), actuación 3.46.5 (actuacións obras, estudos e proxectos de investigación encamiñadas á mellora do rendemento da depuración actual en instalacións xa existentes, utilizando novas tecnoloxías ou optimizando as existentes, co fin de asegurar a eliminación eficiente de contaminantes e contribuír á mellora da calidade das augas e do ambiente), unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2014

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia