Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51673

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (675/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber:

Que no procedemento 675/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Neira Corral contra Ciudad Muralla, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por María del Carmen Neira Corral, representada polo letrado Sr. Pérez Domínguez contra Ciudad Muralla, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno esa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 6.843,27 euros, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

Impoño á mercantil demandada as custas procesuais causadas (incluídos os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros).

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que no seu caso lle afecten.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación, que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que lle sirva de notificación en forma a Ciudad Muralla, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 28 de novembro de 2014

O secretario xudicial