Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51674

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (674/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 674/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Benigna Coroas Rodríguez contra Ciudad Muralla, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

Estimo integramente a demanda presentada por María Benigna Coroas Rodríguez, representa polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra Ciudad Muralla, S.L., que non compareceu malia constar a súa citación en legal forma e, en consecuencia, condeno esa demandada a aboar á demandante a cantidade de 6.843,27 euros, máis os xuros moratorios especificados no fundamento de dereito quinto.

As cantidades a cuxo pagamento foi condenada a empresa demandada serán asumidas polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) dentro dos límites e cos requisitos legais e regulamentarios que no seu caso lle afecten.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación, que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que lle sirva de notificación en forma a Ciudad Muralla, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Lugo, 28 de novembro de 2014

O secretario xudicial