Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51672

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1192/2013-M).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número PO 1192/2013 por instancia de Tiago Charles Ferreira contra Garcajide, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decisión:

Que estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Garcajide, S.L., debo condenar e condeno a empresa a que lle aboe ao traballador a cantidade de 12.710,61 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10 % en concepto de interese por mora.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Garcajide, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 28 de novembro de 2014

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial