Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51254

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos

EDICTO (353/2011).

Rosana Corral García, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Betanzos, por medio do presente

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 353/2011, seguido por instancia de Marina Suárez Domínguez frente a Carmen Iglesias Villaverde, María Lourdes Pato Iglesias, María Elsa González Rico, Concepción Pato Iglesias, María del Carmen Pato Iglesias, Antonia Iglesias Villaverde, Rogelio Iglesias Villaverde, José iglesias Villaverde, Purificación Villaverde Meijido, Carmen Iglesias Suárez, Francisco Iglesias Suárez, herdeiros descoñecidos e incertos dos anteriores, Manuel Fraga Iglesias, María Tatiana Pato González, María Luz Pato Iglesias e Purificación Pato Iglesias, ditáronse sentenza e auto que a aclara, cuxo teor literal é o seguinte:

«...Decisión

Que estimo parcialmente a demanda formulada por Marina Suárez Domínguez, representada polo procurador Sr. Pedreira del Río, contra José Iglesias Villaverde, María Lourdes, Consuelo, María del Carmen Pato Iglesias, Antonia, Rogelio Iglesias Villaverde, María Luz y Purificación Pato Iglesias, Carmen Iglesias Villaverde, María Elsa González Rico, os herdeiros de Purificación Villaverde Meijido, Carmen Iglesias Suárez, Francisco Iglesias Suárez, os herdeiros descoñecidos e incertos destes dous últimos, Manuel Fraga Iglesias e María Tatiana Pato González.

Declaro que o predio descrito no feito primeiro da demanda, en proindivisión no que pertence á demandante e aos demandados, é indivisible, física e legalmente, entre a demdandante e demandados na proporción en que son donos dela.

Que procede e asiste a demandante o dereito a solicitar a venda en pública poxa do inmoble litixioso con admisión de licitadores estraños e que se reparta o prezo que se obteña nela na proporción en que a cada un deles lle corresponda, un 90 % á demandante e o 10 % restante aos codemandados.

Condeno os demandados a estar e pasar polos pronunciamentos anteriores e a que os acaten e cumpran, repartindo o prezo que se obteña nela nos termos xa expresados e en execución de sentenza, con imposición de custas aos demandados.

Non se fai condena en custas. Cada unha das partes deberá aboar as custas causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, por medio dun escrito que deberán presentar neste xulgado nun prazo de 20 días desde a súa notificación. Para a interposición do recurso será necesario constituír un depósito de 50 euros, de conformidade co que establece a disposición adicional décimo quinta de la LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio deste xulgado e do seu partido.

...Parte dispositiva

Procede a aclaración e rectificación de erro material solicitada polo procurador Sr. Vázquez Sánchez, en nome e representación de Rafael Mosquera Gómez.

Do parágrafo cuarto da decisión da Sentenza do 29 de abril de 2014, ditada nos autos antes referenciados, quedará suprimido o seguinte:

“con imposición de custas aos demandados”.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non poderán interpor ningún recurso.

Así, por este o meu auto, acórdoo, mándoo e asínoo, Sofía Leonor Castro Verdes, xuíza titular de apoio deste xulgado e do seu partido».

E ante a imposibilidade da súa notificación persoal e encontrándose en rebeldía os demandados Mª Elsa González Rico, os herdeiros de Purificación Villaverde Meijido, Carmen Iglesias Suárez, Francisco Iglesias Suárez, os herdeiros descoñecidos e incertos destes dous últimos, Manuel Fraga Iglesias e Mª Tatiana Pato González, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a eles.

Betanzos, 13 de outubro de 2014

A secretaria xudicial