Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51252

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2103/2013).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2103/2013

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 909/2011 Xulgado do Social número 1 de Ferrol

M. Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4898/2010 desta sección, seguido por instancia de Manuel Emilio Painceira Pedre, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Manuel Emilio Painceira Pedre contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Ferrol, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra Construcciones Navales en liquidación, S.A., Navantia, S.A., Kaifer Aislamientos, S.A., Montajes de Maquinaria de Precisión, S.A., Hermanos Moreno Luque, S.A., Atlántica Suministros y Montajes, S.A., R. Lama Construcciones, S.A., Antonio G. Barreiros Sid, Rigor, Peninsular Maderera, S.A. e Roberto Lage, a Sala confírmaa integramente.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Moroeno Loque, S.A., Atlántica Suministros y Montajes, S.A., R Lama Construcciones, S.A., Antonio G Barrios Sid, Rigor, Peninsular Maderera, S.A. e Roberto Lage, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 19 de novembro de 2014

A secretaria xudicial