Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51256

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (473/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 25 de novembro de 2014, no proceso seguido por instancia de Santiago Vázquez Rellán contra INSS, Servizo Galego de Saúde, Mutua Intercomarcal e Gerboles Trabado, en reclamación por seguridade social, se rexistrou co nº 473/2013 e se acordou notificar a Gerboles Trabado, S.L., a resolución da sentenza seguinte:

«Resolución:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Santiago Vázquez Rellán contra INSS, Servizo Galego de Saúde, Mutua Intercomarcal e Gerboles Trabado, S.L., e absolvo as entidades demandadas das súas peticións.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Esténdoa eu, secretaria xudicial, para facer constar que, na mesma data da sentenza, se deposita na secretaría deste xulgado a anterior sentenza para a súa notificación e publicidade na forma permitida e ordenada pola Constitución e polas leis. Seguidamente, expídese testemuño da sentenza para a súa unión aos autos. Dou fe».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gerboles Trabado, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 25 de novembro de 2014

A secretaria xudicial