Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51257

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (588/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral número 588/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Ángel Faquet Tasende contra a empresa La Farándula Hosteleros, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Ángel Faquet Tasende fronte á empresa La Farándula Hosteleros, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con opción pola extinción da relación laboral. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización de 385,11 euros.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo e 6, inciso primeiro da Lei de xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución. Contra esta resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora de xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe».

E para que lle sirva de notificación a La Farándula Hosteleros, S.L., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2014

O secretario xudicial