Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a notificación de varios expedientes de suspensión condicional (Pesan 1 2013/001643-1 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Boletín Oficial del Estado núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan a resolución relativa á suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, ante a Consellería do Medio Rural e do Mar, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición das persoas interesadas na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: Pesan 1 2013/001643-1.

Beneficiario: Ángel Antonio Méndez Suárez.

NIF: 32644829D.

Enderezo: estrada de Xoane, 138 baixo, 15648 Ferrol, A Coruña.

Trámite: resolución.

Nº de expediente: Pesan 1 2013/001306-1.

Beneficiaria: Mª Pilar Castro Sobrido.

NIF: 52455477K.

Enderezo: avenida Portugal, 1, ático, 15960 Ribeira, A Coruña.

Trámite: resolución.

Nº de expediente: PSC-PO-0226/2014-PPM.

Beneficiario: Jesús Hermida González.

NIF: 39455586Y.

Enderezo: estrada Camposancos, 428, 36390 Vigo, Pontevedra.

Trámite: resolución.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar