Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 24 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-LU-0007/2014-PPM e catro máis.

Segundo o que dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio dos expedientes PSC-LU-0007/2014-PPM, PSC-LU-0013/2014-PPM, PSC-LU-0022/2014-PPM, PSC-LU-0053/2014-PPM e PSC-LU-0059/2014-PPM.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na avenida Ramón Canosa, s/n, en Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, para que se publique por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

Lugo, 24 de novembro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0007/2014-PPM.

Persoa interesada: Miguel Salazar Giménez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa da Florida, 6, San Cibrao, Cervo.

Expediente: PSC-LU-0013/2014-PPM.

Persoa interesada: Diego Pavia Félix.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa das Fontiñas, 248, 5º C, Lugo.

Expediente: PSC-LU-0022/2014-PPM.

Persoa interesada: David Lareo Gómez.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: avenida da Mariña, 85, 4º D, Burela.

Expediente: PSC-LU-0053/2014-PPM.

Persoa interesada: Juan Carlos París Dosil.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Colón, 4, portal 1, baixo A, Ferrol.

Expediente: PSC-LU-0059/2014-PPM.

Persoa interesada: Emilio Miguel Ramos Fernández.

Acto de notificación: inicio.

Último enderezo coñecido: rúa Álvaro Cunqueiro, 4, 2º B, Burela.