Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51299

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 25 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-RI-0752/2014-PPM e dezaseis máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas o inicio dos expedientes que se sinalan no anexo deste anuncio.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, sitas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, edificio administrativo Monelos, 3º andar, á sur, en horario des 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, a persoa interesada ten dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).

Sen prexuízo do anterior, a persoa interesada dispón dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.

A Coruña, 25 de novembro de 2014

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Último enderezo coñecido

PSC-RI-0752/2014-PPM

José Manuel Ronquete Otero

Boa, Noia

PSC-RI-0756/2014-PPM

Adrián Blanco Albéniz

Lugar de Devesa, Campaña, 114, Valga

PSC-RI-0761/2014-PPM

José Manuel Lens Piñeiro

Quinteiro, 12, Cespón, Boiro

PSC-RI-0763/2014-PPM

Sonia Alonso Silva

Vilariño, 65, Cespón, Boiro

PSC-RI-0764/2014-ORS

Adán Pena Armental

Pedriñas Miúdas, 11, Aguiño, Ribeira

PSC-RI-0766/2014-PPM

José Alberto López Brea

Estrada de Tanxil, 21, 1º A, Rianxo

PSC-RI-0767/2014-PPM

Jorge Rodríguez Reiriz

Carreira, Graña, 9, Ribeira

PSC-RI-0768/2014-PPM

Santiago Silva Saborido

Ourolo, 60, Taragoña, Rianxo

PSC-RI-0769/2014-PPM

José Figueira Sobradelo

Rúa Cortés, 15, Rianxo

PSC-RI-0770/2014-PPM

Sergio Míguez Otero

Rúa Capela, 24, Araño, Rianxo

PSC-RI-0771/2014-ORS

Jacinto Pérez Dieste

Lugar de Corviño, 234, Cabo de Cruz, Boiro

PSC-RI-0772/2014-PRE

Antonio Oujo Fernández

Frións, 41, Carreira, Ribeira

PSC-RI-0773/2014-PPM

Bárbara Hermida Creo

Estrada Rasa de Abaixo, 41, Noia

PSC-RI-0774/2014-PPM

José Manuel Redondo Penedo

Hórreo, 22, A Pobra do Caramiñal

PSC-RI-0775/2014-PPM

Juan Luis Riveiro Martínez

Parada, 1, Porto do Son

PSC-RI-0776/2014-PPM

Carlos Rey Lojo

Avenida da Coruña, 21, 2º K, Noia

PSC-RI-0777/2014-PPM

Manuel Ángel Reiriz González

Carreira Monte Vixán, 51, Ribeira