Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51133

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (984/2012).

Procedemento ordinario 984/2012

Sobre: otras materias

Demandante: Eva Saavedra Vázquez

Procurador: Juan Fernando Garmendia Díaz

Avogado: Miguel Ángel Callón Fernández

Demandados: Emilia Dolores Blanco Hermida, José Manuel Blanco Hermida, María Juana Blanco Hermida, Francisco José Blanco Hermida, Albino Blanco Saavedra, María de los Ángeles Blanco Hermida, Francisca Rodríguez Roca

Procuradores: (…), María Celeste Rodríguez Senra, Alfonso Naveiras Pita, María Celeste Rodríguez Senra, (…), María del Carmen Vidal Castiñeira, Ana Belén Seco Lamas

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte, sentencia cuxo encabezamento e decisión literalmente din:

Sentenza 226/14

Xuíz que a dita: maxistrado xuíz Tudela Guerrero

Lugar: Ferrol

Data: dez de setembro de dous mil catorce

Demandante: Eva Saavedra Vázquez

Avogado: Miguel Ángel Callón Fernández

Procurador: Juan Fernando Garmendia Díaz

Demandados:

1. María Ángeles Blanco Hermida

Avogada: Mónica Rodríguez García

Procuradora: Sra. Vidal Castiñeira

2. Francisco José Blanco Hermida e José Manuel Blanco Hermida

Avogada: Susana Romalde Corral

Procuradora: Celeste Rodríguez Senra

3. María Juana Blanco Hermida

Avogada: María Carmen Gómez Vidal

Procurador: Sr. Naveiras Pita

4. Francisca Rodríguez Roca (herdanza xacente de Juan José Blanco Hermida)

Avogado: Gustavo Andrés Piñón Carro

Procuradora: Ana Belén Seco Lamas

5. Emilia Dolores Blanco Hermida, declarada en rebeldía.

6. Albino Branco Saavedra, declarado en rebeldía.

Procedemento: procedemento ordinario 984/2012.

Decisión:

Debo admitir e admito a demanda presentada por Eva Saavedra Vázquez contra os herdeiros de Francisco Blanco Barreiro:

1. María Ángeles Blanco Hermida

2. Francisco José Blanco Hermida e José Manuel Blanco Hermida

3. María Juana Blanco Hermida

4. Francisca Rodríguez Roca (herdanza xacente de Juan José Blanco Hermida)

5. Emilia Dolores Blanco Hermida

6. Albino Branco Saavedra, e:

I. Condénoos a poñer en posesión bens da herdanza do causante Francisco Blanco Barreiro á demandante en calidade de usufrutuaria universal e, en particular, do piso sito na rúa Armada Española de Ferrol, ocupado por Emilia Dolores Blanco Hermida.

II. Condeno en custas os demandados rebeldes, Emilia Dolores Blanco Hermida e Albino Branco Saavedra, así como a José Manuel Blanco Hermida e Francisco José Blanco Hermida, que mostraron oposición ao fondo do asunto, e non condeno en custas os codemandados que se conformaron coa demanda.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

O dito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000 poñendo, no campo «concepto», a indicación «Recurso» seguida do código «02 Civil-apelación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación «recurso», seguida do código «02 Civil-apelación».

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación, neste caso, no campo observacións da data da resolución contra a que se recorre co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O maxistrado xuíz

E para que sirva de notificación en forma a Emilia Dolores Blanco Hermida, expídese o presente edicto.

Ferrol, 28 de outubro de 2014

O secretario xudicial