Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51132

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (481/2009-M).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio 32/2014, seguido por instancia de José Ángel Agulló Rodríguez fronte a Fernanda Pires Toncik, ditouse sentenza en cuxa decisión consta:

Que se admite a demanda e se decreta o divorcio do matrimonio contraído o 26 de outubro de 2006 en Ferrol.

Respecto ao fillo común Alejandro Agulló Toncik, acórdase a atribución da garda e custodia o pai; non fixar réxime de visitas a favor da nai; fixar no mínimo vital de 50 euros mensuais a cantidade con que a proxenitora non custodia deberá contribuír aos alimentos.

Sen custas.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación.

E encontrándose a dita demandada, Fernanda Pires Toncik, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ferrol, 23 de maio de 2014

O secretario xudicial