Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51001

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilalba

EDICTO (344/2010).

Ana María Freire Pérez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Vilalba, polo presente anuncio:

No presente procedemento ordinario 344/2010 seguido por instancia do procurador Sr. Iglesias Martínez, en nome e representación de María del Carmen Peón Novo, Inés Peón Novo, Modesta Martínez Seoane, Pedro Peón Martínez e Ana Peón Martínez, estes últimos en nome propio e en beneficio da herdanza xacente de Manuel Peón Novo, fronte a Efongalma, S.L., sobre resolución de contrato de permuta e declarativa de dominio sobre a parcela número 7-urbana sita en Vilalba, no sector 37 das normas subsidiarias de planeamento, na rúa A do sector, ditouse sentenza, que na súa parte dispositiva di:

Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Iglesias Martínez, en nome e representación de Mª Carmen Peón Novo, Inés Peón Novo e Modesta Martínez Seoane, Pedro Peón Martínez e Ana Peón Martínez, en nome da herdanza xacente de Manuel Peón Novo, fronte a entidade Efonglama, S.L., e en consecuencia, debo declarar e declaro resolto o contrato de permuta outorgado por medio de escritura pública ante o notario Jesús Basanta Barro o 5 de xuño de 2006, nº 493 do seu protocolo, entre Mª Carmen Peón Novo, Inés Peón Novo e Manuel Peón Novo e a entidade Efolgama, S.L. sobre a parcela urbana nº 7, en Vilalba no sector 37 das normas subsidiarias de planeamento, na rúa A do sector, cunha superficie de 700 m2 tras segregación que linda ao norte en liña recta de 30 m coa rúa A do sector, aparcadoiros públicos no medio; sur, en dúas liñas de 12 m e setenta e catro cm e dezasete metros e trinta e oito centímetros con Mª Luz Hermida Lozano; leste, en liña recta de vinte e un metros e trinta centímetros cos herdeiros de Luis Lodeiro, e oeste, parcela segregada da propiedade de José Manuel Peón Peña, José Peón Novo e Mª Trifina Peña Lis, e en consecuencia debo ademais declarar a reversión da propiedade do citado predio a favor de Mª Carmen Peón Novo, Inés Peón Novo e Manuel Peón Novo.

As custas procesuais impóñense á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, do que coñecerá a Audiencia Provincial de Lugo, e que deberá ser interposto ante este xulgado, se é o caso, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E encontrándose o devandito demandado, Efongalma, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilalba, 3 de outubro de 2013

A secretaria xudicial