Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (543/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 543/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago David Castiñeiras Liste contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que estimando integramente a demanda interposta por Santiago David Castiñeiras Liste contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de trece mil douscentos cincuenta e sete euros con sesenta e cinco céntimos (13.257,65 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial