Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51004

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (544/2011).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 544/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Porto Sánchez contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Que, estimando integramente a demanda interposta por José Ramón Porto Sánchez, contra Xanela Arquitectura en Aluminio S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a lle abonar ao demandante a suma de nove mil novecentos trinta e seis euros con oitenta e cinco céntimos (9.936,85 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial