Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 51005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (273/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de demanda 273/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ismael Rama Arufe contra a empresa Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolvo:

Que estimando integramente as demandas interpostas por Ismael Rama Arufe contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de dezasete mil novecentos noventa euros con noventa e sete céntimos (17.990,97 €) polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta resolución, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores respecto da dita cantidade.

No que respecta á responsabilidade do Fogasa deberá aterse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores con notificación desta resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación.

E para que lle sirva de notificación de forma legal a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao/á destinatario/a que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial