Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 12 de decembro de 2014 Páx. 50999

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3413/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 3413/2014-BC

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 178/2014. Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Fogasa

Recorridos: Adega do Emilio, S.L., Camilo Otero López

Avogado: Pablo Guntiñas Fernández

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber:

«Resolvemos que no procedemento de recurso de suplicación 3413/2014 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra a empresa Adega do Emilio, S.L., Camilo Otero López, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ourense, nestes autos acumulados de despedimento e resolución de contrato seguidos por instancia do demandante Camilo Otero López, debemos confirmar e confirmamos integramente a dita sentenza, con imposición ao organismo recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 500 € en concepto de honorarios do letrado ou graduado social da parte impugnante.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Adega do Emilio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

A secretaria xudicial