Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50868

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (613/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza número 301/14.

A Coruña, 29 de maio de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo 613/2013 seguidos por instancia de María Concepción García Rilo representada polo letrado José Páramo Sureda, contra a empresa Deutchland Limpiezas Generales, S.L. que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Que estimando a demanda interposta polo demandante contra a empresa Deutschland Limpiezas Generales, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe a cantidade de 781,52 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Deutschland Limpiezas Generales, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 21 de novembro de 2014

A secretaria xudicial