Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de aclaración (235/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 235/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Santabaya Senra contra Zintura, S.A., Línea Futurex Avance, S.L., administrador concursal Isaias González García administración concursal de Línea Futurex Avance, sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Auto:

Xuíz: Javier López Cotelo.

A Coruña, 29 de setembro 2014

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 11.8.14. Púxose de manifesto un erro material no número dos autos.

Parte dispositiva:

Procede rectificar a sentenza ditada no presente procedemento no seguinte sentido:

– O número dos autos que se debe recoller é o de «235/2014».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncia, manda e asina, Javier López Cotelo, xuíz do xulgado de reforzo da Coruña.

Para que conste e sirva de notificación a Línea Futurex Avance, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

A secretaria xudicial