Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50866

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui

EDICTO (13/2014).

José Antonio Pascual Calderón, secretario xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Tui, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de divorcio contencioso 12/2014 seguido por instancia de Juan Carlos Rodríguez Alonso fronte a Carmen Lucía Vicente Pérez ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza:

Xuíza: Estefanía Elena Peña Quintas.

Lugar: Tui.

Data: 10 de novembro de 2014.

Parte demandante: Juan Carlos Rodríguez Alonso.

Procurador: Xosé Carlos Castiñeira González.

Letrada: Raquel Muñiz Chamorro.

Parte demandada: Carmen Lucía Vicente Pérez (en rebeldía procesual).

Obxecto: divorcio contencioso.

Decido:

Que estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Xosé Carlos Castiñeira González, actuando en nome e representación de Juan Carlos Rodríguez Alonso contra Carmen Lucía Vicente Pérez, en situación de rebeldía procesual, fago os seguintes pronunciamentos:

1º. Declárase disolto por divorcio o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, incluída a revogación dos poderes que se tivesen podido outorgar.

2º. Sen imposición de custas.

Unha vez firme o pronunciamento de divorcio comuníqueselle de oficio ao Rexistro Civil da Guarda, onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Modo de impugnación: recurso de apelación dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Dado que a dita demandada, Carmen Lucía Vicente Pérez, se encontra en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma á interesada.

Tui, 11 de novembro de 2014

O secretario xudicial