Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50865

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes

EDICTO (745/2013).

Eva Bernárdez Pereiras, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, dou fe e testemuño:

Neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ordes, A Coruña, séguese procedemento penal co número 745/2013, despois de ditarse con data do 28 de xullo de 2014 sentenza que pon fin ao procedemento. Os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto comparecendo na oficina civil deste xulgado.

Contra a devandita sentenza cabe recurso de apelación que se presentará ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña.

E para que conste e sirva de notificación de sentenza a José Manuel Herrerías Rodríguez, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente.

Ordes, 20 de novembro de 2014

A secretaria xudicial