Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 11 de decembro de 2014 Páx. 50864

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (6141/2011).

Eu, Carmen Sobrado Prado, secretaria xudicial, por este edicto fago constar que nesta sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra se tramita recurso de apelación 6141/2011, dimanante do xuízo verbal 428/2009 do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Redondela, en que é apelante Roberto Carlos Bar Pérez e apelado Juan Manuel Gómez López, sobre reclamación de cantidade, no cal, con data do 2 de outubro de 2012, se ditou sentenza pola que se estima o recurso de apelación, cuxo texto íntegro se atopa na oficina xudicial desta sección sexta, sita en Vigo, rúa Lalín, nº 4, á disposición das partes.

A sentenza non é susceptible de recurso ordinario nin extraordinario.

Para que conste e lle sirva de notificación de Juan Manuel Gómez López, en ignorado paradoiro, expido este edicto.

Vigo, 21 de xaneiro de 2014

A secretaria xudicial