Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

EDICTO do 24 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica resolución.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en cumprimento do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (RXAP-PAC), despois de intentada a notificación persoal dúas veces sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución ditada no procedemento iniciado por instancia de parte, contra a cal se poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Consellería de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o disposto no artigo 114 da Lei 30/1992 (RXAP-PAC). No mesmo prazo sinalado poderán comparecer persoalmente ou debidamente representados no Servizo de Coordinación Industrial da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria; praza da Estrela, s/n, en Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para o coñecemento íntegro da resolución do expediente.

Vigo, 24 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: IN407A 2012/164-4 modificado LMTS CTC RBT O Con.

Interesado: Javier Padín Porto en representación dos herdeiros de José Padín Vila.

Domicilio: O Porto de Meloxo, nº 7, 1º B, 36980 O Grove.

Interesado: Francisco Javier Padín Prieto.

Domicilio: r/ Castilla La Mancha, nº 9, portal 4, baixo B, 28330 Madrid.

Contido da resolución: declaración de propiedade litixiosa e presuntos titulares.