Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50682

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 24 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se lle notifica a Netbiblo, S.L. a Resolución do 8 de outubro de 2014, segundo o disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co expediente de reintegro CEI-SXT-2014/17.

Intentada a práctica de varias notificacións con Netbiblo, S.L., a través do servizo de Correos, non foi posible realizalas, polo tanto, en aplicación do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ( modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), procede a notificación da resolución, cuxo contido se recolle sumariamente neste anuncio, por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O interesado poderá examinar a resolución completa no Servizo de Xestión Económica e Orzamentaria da Vicesecretaría Xeral da Consellería de Economía e Industria, sito no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Os órganos competentes da Consellería de Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, forma e prazo do ingreso da cantidade que ten que reintegrar, así como a liquidación dos xuros de demora xerados desde o seu pagamento, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta consellería, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), reguladora do réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Persoa xurídica a que vai dirixida esta notificación: Netbiblo, S.L.

CIF: B15800683.

Último enderezo coñecido: r/ Rafael Alberti, número 6, baixo esquerda, 15172 Santa Cristina, Oleiros (A Coruña).

Data da resolución: 8 de outubro de 2014.

Asunto: expediente CEI-SXT-2014/17. Resolución pola que se acorda a procedencia do reintegro e a revogación da subvención concedida a Netbiblo, S.L. ao abeiro da Orde do 20 de xullo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o apoio ao crecemento empresarial mediante o fomento da investigación e a innovación empresarial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 para o ano 2011, por importe de 6.168,26 €.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria