Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 25 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican os acordos de proposta de resolución de expediente sancionador, por constaren devoltas polo servizo de Correos, ao resultaren descoñecidos os seus destinatarios, as notificacións dos acordos de inicio de expediente sancionador, en relación co Plan de inspección en materia de industria realizado ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2013.

O xefe territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra ditou os acordos de incoación de expediente sancionador en cumprimento do plan de inspección realizado ao abeiro da Orde do 22 de xullo de 2013 pola que se aproba o Plan de inspección en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013, solicitándose a xustificación do cumprimento das condicións regulamentariamente exixibles para a súa inscrición no Rexistro de Empresas Instaladoras/Mantedoras, constituíndo a súa non xustificación infracción grave segundo o artigo 31 da Lei 21/1992, de industria.

Intentada a notificación dos acordos de incoación de expediente sancionador relacionados no anexo, de conformidade co disposto no artigo 59.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica procedeuse á súa publicación no DOG núm. 176 e nos correspondentes taboleiros de anuncios dos concellos, e non se presentaron escritos de alegacións nesta xefatura territorial.

Ao constaren os interesados como descoñecidos no domicilio facilitado a esta Administración, por medio desta cédula notifícanselles os acordos de proposta resolución do expediente sancionador para que poidan ter coñecemento deles, segundo o disposto no artigo 59.5º da referida lei.

Advírteselles aos interesados que, de conformidade co disposto no artigo 19.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, se lles concede un prazo de 15 días para presentar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra cantas alegacións e/ou documentos consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse.

Así mesmo, terán dereito a consultar o expediente nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, Pontevedra.

Pontevedra, 25 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de acordos de incoación de expediente sancionador
no procedemento IN635C

Nº expte.

Interesado

Enderezo

Concello

Causa

2014/13

Agrupación Técnica de Ventilación, S.L.

R/ Ruiseñor, núm. 4

Vigo

Infracción grave

Lei 21/1992, de industria

2014/73

Instelgarpi, S.L.

Noalla-Soutullo, núm. 57

Sanxenxo

Infracción grave

Lei 21/1992, de industria