Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2014/51-2, 8187 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE número 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: ampliación de potencia CT 27AE99 Pambre.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

Substitución do transformador existente (50 kVA) no CTI 27AE99 Pambre por outro de 100 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 19 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo