Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (811/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 811/2012 deste xulgado do social, seguido a instancia de Álvaro Ríos Sánchez contra Frinorte Instalaciones, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo

Que estimando a demanda formulada por Álvaro Ríos Sánchez contra a empresa Frinorte Instalaciones, S.L., condénoa a aboarlle a cantidade de 5.154,18 euros que lle debe como principal, así como 515,41 euros en concepto de xuros moratorios.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Frinorte Instalaciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de novembro de 2014

O secretario xudicial