Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50485

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (848/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 848/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosa Dalama Cernada, se ditou a seguinte resolución:

Acordo:

Apróbase a conciliación alcanzada entre as partes, nos termos expresados no antecedente de feito segundo desta resolución.

Considerar que a demandante desiste da demanda presentada fronte a Limpiezas El Polígono, S.L.

Arquívense as actuacións.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

A secretaria xudicial