Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50486

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de xogo C-10/14.

Intentada a notificación á persoa que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador que se relaciona no anexo, por infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, de xogo de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 32.1.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, e Decreto 72/2013, do 25 de abril, a competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ao director xeral de Emerxencias e Interior.

Noméase instrutora do expediente a Margarita Olmo Bosco e secretaria a Patricia García Martín, que poderán ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente nos casos e na forma previstos no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, para exercer o dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1398/1993.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

En cumprimento do artigo 42.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común –LRXPAC– (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), infórmase de que o prazo máximo para resolver e notificar o procedemento é dun ano contado desde o acordo de inicio (artigo 32.2 da Lei 14/1985, do 23 de outubro).

Infórmase igualmente de que a tramitación do expediente se realiza na Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 12 de novembro de 2014

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: C-10/14.

Denunciado: Gil Vázquez Vázquez.

DNI/CIF: 34247993-G.

Enderezo: camiño Pipín, 13, 1, 27293 Labio (Castroverde).

Precepto infrinxido: artigo 28.n) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Precepto sancionador: artigo 31.1 da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Multa para impoñer se non efectúa alegacións: 18.000,01 €.