Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50482

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (648/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 648/2012 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Gerardo Rodríguez Iglesias, María Cristina Pereira Insua, José Caamaño Rodríguez contra Ambugallegas, S.L., Ambuibérica, S.L. sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución

1º. Estimo a demanda formulada por Gerardo Rodríguez Iglesias, María Cristina Pereira Insua e José Caamaño Rodríguez fronte a Ambugallegas, S.L., condenando a esta ao aboamento dos seguintes importes:

Respecto de Gerardo Rodríguez Iglesias, un principal de 1.379,88 euros e 320,96 euros de xuros moratorios.

En canto a María Cristina Pereira Insua, un principal de 1.722,93 euros e 400,76 euros de xuros moratorios.

E a José Caamaño Rodríguez, un principal de 2.050,16 euros e 476,87 euros de xuros moratorios.

2º. Desestímase a acción exercida contra Ambuibérica, S.L.

Notifíquese esta resolución. Contra a presente resolución non cabe recurso de suplicación por razón da materia ou contía, sen prexuízo do que poida caber polos motivos recollidos no artigo 191.3 b), d) ou e) da LRXS, no caso de concorreren os supostos previstos en tales preceptos, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución, na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ambugallegas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

O secretario xudicial