Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50471

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3002/2014).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 3002/2014-MFV.

Xulgado orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 179/2014 do Xulgado do Social número 1 de Ourense.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 3002/2014-MFV desta sala, seguido por instancia de Marisol Sotelo Augusto contra o Fogasa, Adega do Emilio, S.L. sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Pablo Guntiñas Fernández contra a sentenza do 24 de abril de 2014, do Xulgado do Social número 1 de Ourense, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a entidade mercantil Adega do Emilio, Sociedade Limitada, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, a sala revógaa en parte e, con estimación da demanda de despedimento, declaramos a improcedencia do despedimento tácito, e, en consecuencia, condenamos a empresa demandada a aboar á traballadora demandante unha indemnización de 180,46 euros e, de ser o caso, ao aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da sentenza, confirmando os restantes pronunciamentos da sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Adega do Emilio, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de novembro de 2014

A secretaria xudicial