Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50361

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación de solo de núcleo rural da Mezquita (A Mezquita).

O Concello da Mezquita eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da delimitación de solo de núcleo rural da Mezquita, de conformidade co previsto na disposición adicional segunda da LOUG, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Unha vez analizado o expediente remitido e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello da Mezquita non conta con planeamento xeral, polo que lle son de aplicación as normas complementarias e subsidiarias da provincia (AD 3.4.1991).

Estase a tramitar un Plan xeral de ordenación municipal, con informe previo á aprobación inicial desta Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 20.9.2012.

2. A delimitación de solo de núcleo rural da Mezquita foi sometida a información pública durante un mes, mediante anuncio nos xornais Faro de Vigo do 26.2.2013, en La Voz de Galicia do 27.2.2013, e no Diario Oficial de Galicia do 15.3.2013.

3. Constan informes favorables de:

• Confederación Hidrográfica do Douro, do 25.3.2013.

• Axencia Galega de Infraestruturas do 12.4.2013 e 10.6.2013.

• Deputación Provincial, do 9.7.2013.

• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 25.9.2013 e 28.3.2014.

• Xurídico municipal, do 8 de abril de 2014.

4. O Pleno do Concello, en sesións do 15 de abril e do 1 de setembro de 2014, aprobou provisionalmente a delimitación de solo de núcleo rural da Mezquita.

II. Análise e consideracións.

II.1. Obxecto.

1. O ámbito da actuación abrangue a zona de solo rústico do asentamento tradicional da Mezquita identificado administrativamente no Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor das entidades de poboación da provincia de Ourense.

2. O obxecto da delimitación do núcleo da Mezquita adaptada á LOUG consiste na aplicación do establecido no número 2 da disposición adicional segunda da LOUG.

II.2. Contido.

1. Proponse a delimitación do asentamento poboacional da Mezquita, como núcleo rural complexo con dúas partes diferenciadas: o núcleo histórico tradicional, cunha superficie de 143.515 m2, e o núcleo rural común, cunha superficie de 21.449 m2, conforme o establecido no artigo 13 da LOUG e no punto 3.1.7 das determinacións das directrices de ordenación do territorio, aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro.

2. A información contida no proxecto xustifica que o núcleo orixinal, claramente diferenciado, se presenta como un núcleo denso arredor da igrexa e do pazo, estendéndose cara ao nordés ata o convento, con crecementos lineais ao longo das estradas de comunicación do asentamento, que constitúe a capitalidade do municipio. Conta con 154 vivendas, cunha consolidación edificatoria dun 56 %, segundo o cálculo numérico ou simplificado.

3. A zona común do núcleo ten 22 vivendas, cunha porcentaxe de consolidación do 89 %.

4. O documento fixa as condicións de uso e de edificación nos terreos delimitados, define o trazado viario, asumindo nalgunhas partes as aliñacións existentes, e identifica cinco elementos de valor cultural (a igrexa de San Martiño, monumento histórico-artístico desde 1931, o Pazo do século XIX, a Casa Grande Municipal, antigo Convento, a Casa da Farmacia e un grupo de vivendas do século XX), cinco equipamentos existentes (a biblioteca, a casa do concello, o centro de saúde, as instalacións deportivas e o cemiterio), e un espazo libre situado no límite da zona de núcleo común en contacto co solo rústico.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 12.1.b do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural complexo da Mezquita, do Concello da Mezquita.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2014

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

missing image file