Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50365

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 28 de novembro de 2014 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

A Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 128, do 8 de xullo), establece na súa disposición adicional sexta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da devandita orde, coa finalidade de facelas chegar ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado no anexo A da Orde do 27 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 128, do 8 de xullo) nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias que figuran dotadas nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014:

– 11.02.322C.481.2, código de proxecto 2014 00511, na contía de 36.000,00 euros.

– 11.02.322C.470.1, código de proxecto 2013 00527, na contía de 75.000,00 euros.

Artigo 2º

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar