Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50176

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2014 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda de documentación xustificativa das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria anticipada de subvencións de aforro e eficiencia enerxética para proxectos de renovación das instalacións de iluminación pública exterior existentes nos concellos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 18, do 28 de xaneiro de 2014).

O órgano instrutor do procedemento administrativo está a comprobar a documentación xustificativa do investimento levado a cabo polos concellos de Galicia que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria para a correcta xustificación da subvención, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 12.2 das bases reguladoras dispón: «Tales requirimentos de emenda serán notificados de acordo co establecido na Lei 30/1992; porén, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b da devandita lei, poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e a través do taboleiro electrónico habilitado para estes efectos na páxina web do Inega (www.inega.es), onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai. Poderase facer indicación expresa de que os seguintes actos administrativos do procedemento serán notificados a través do citado taboleiro».

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) daquelas subvencións en que se aprecia a existencia de defectos na xustificación e deben ser obxecto de emenda, segundo se recolle no anexo desta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no taboleiro electrónico, ao cal se accederá a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas Concellos Iluminación Exterior 2014».

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 61.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no suposto de falta de xustificación ou xustificación insuficiente producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, así como a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Requirimento de emenda da documentación xustificativa

IN417P - Renovación de instalacións de iluminación publica exterior (ILE)

Código expediente

NIF

Concellos ou agrupacións de concellos

IN417P/14A8

P2704200A

Paradela, Bóveda, Sarria, A Pobra do Brollón, Quiroga, Folgoso do Courel e Monforte de Lemos

IN417P/14A10

P3200700G

Bande, Celanova, Verea, Muíños, Ramirás, A Merca, Lobios, Lobeira e Quintela de Leirado

IN417P/14A13

P1504700D

Melide, Toques e Palas de Rei

IN417P/14A21

P1503200F

Boimorto, Curtis, Sobrado e Vilasantar

IN417P/14A23

P1508200A

Cerdido, Cedeira, Valdoviño, As Pontes de García Rodríguez e As Somozas

IN417P/14A25

P3200400D

Arnoia, Beade, Cortegada, Leiro, Cenlle

IN417P/14A31

P2704800H

A Pontenova, Mondoñedo, Alfoz, Trabada, Lourenzá, Burela, Foz, Cervo, Barreiros e Xove

IN417P/14A34

P3601200C

Cerdedo, Campo Lameiro, Cotobade, Cuntis, Moraña

IN417P/14A35

P3606000B

Catoria, Caldas de Reis, Pontecesures, Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Poio, Meaño, Vilagarcía de Arousa

IN417P/14A36

P1500011J

Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada

IN417P/14A38

P1500029B

Oza-Cesuras

IN417P/14A41

P3600900I

A Cañiza, Crecente, As Neves e Melón

IN417P/14A42

P1502400C

Cerceda, Oroso, Mesía e Tordoia

IN417P/14A44

V36459709

Lalín, Silleda, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces

IN417P/14A45

P3603800H

Marín, Vilaboa e Pontevedra

IN417P/14A47

P3603300I

Mos, Fornelos de Montes, Mondariz, Mondariz-Balneario, Ponteareas e Salceda de Caselas

IN417P/14A49

P1507800I

Santa Comba, Ames, A Baña, Brión, Mazaricos e Val do Dubra

IN417P/14A50

P2706400E

O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Ourol, O Valadouro e Cariño

IN417P/14A51

P2702300A

Guntín, O Páramo, O Corgo, Triacastela, Baralla, As Nogais, Friol e Láncara

IN417P/14A52

P1506800J

A Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Boiro, Rianxo, Padrón, Dodro e Rois

IN417P/14A56

P1508700J

Trazo, Ordes e Frades

IN417P/14A57

P1501500A

Cabanas, A Capela, Ares, Fene, Miño, Mugardos, Neda, Paderne e Pontedeume

IN417P/14A59

P3201400C

Beariz, Boborás, Piñor, Carballeda de Avia e Ribadavia

IN417P/14A61

P1503800C

Cee, Corcubión, Fisterra, Dumbría, Camariñas e Vimianzo