Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50179

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN de 27 de novembro de 2014 pola que se lle dá publicidade ás encomendas de xestión para a execución de obras formalizadas por esta entidade pública durante o mes de novembro de 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA), dáse publicidade á formalización das encomendas de xestión, tramitadas pola entidade pública Portos de Galicia durante o exercicio 2014, para a execución das seguintes obras:

A) Reforzo de bloques do dique de abrigo do porto de Burela (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: reforzo e restitución do dique de protección de abrigo do porto de Burela.

3. Valor estimado da encomenda.

108.566,73 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 20 de novembro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): SEAGA.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Mes e medio (1,5 meses).

B) Reforzo do dique de canalización do porto de Foz (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: reforzo e restitución do morro do espigón co reforzo do dique e recolocación do dique existente.

3. Valor estimado da encomenda.

173.312,14 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 20 de novembro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): SEAGA.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Mes e medio (1,5 meses).

C) Reforzo do dique do porto de San Cibrao (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: reforzo e restitución do dique de protección do abrigo do porto de San Cibrao.

3. Valor estimado da encomenda.

107.058,12 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 20 de novembro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): SEAGA.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Mes e medio (1,5 meses).

D) Demolición de naves e acondicionamento da zona portuaria no porto de Viveiro (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: demolición das naves existentes, co traslado e xestión dos residuos orixinados.

3. Valor estimado da encomenda.

79.927,00 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 21 de novembro de 2014.

b) Entidade (medio propio da Xunta): TRAGSA.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Mes e medio (1,5 meses).

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia