Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50174

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 26 de novembro de 2014 pola que se fai pública a modificación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 8 de abril de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego.

A Orde do 8 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 21 de abril), establece na súa disposición adicional quinta, na cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

De conformidade co establecido no artigo 31 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, sen superar a contía total máxima destinada a estas subvencións, cómpre modificar a distribución dos créditos orzamentarios destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da devandita orde, coa finalidade de facelas chegar ao maior número de persoas beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modifícase a distribución dos créditos orzamentarios destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 8 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención plurianual do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de decembro de 2013 ata o 30 de xuño de 2015, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego (Diario Oficial de Galicia núm. 75, do 21 de abril).

Sen superar a contía total máxima destinada a estas subvencións, minórase en 16.000 euros o importe dos créditos asignados á aplicación orzamentaria 11.02.322C.470.0, código de proxecto 2014 00511, correspondente á anualidade de 2014, e increméntanse no mesmo importe os créditos da aplicación orzamentaria 11.02.322C.481.2, código de proxecto 2014 00511 da mesma anualidade, polo que o importe total desta aplicación orzamentaria para a anualidade de 2014 será de 516.000,00 euros.

Artigo 2

Esta modificación non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar