Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50118

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica no ámbito da reserva de equipamento RU-10.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de setembro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente, e sen modificacións respecto dos proxectos inicial e provisionalmente aprobados, a modificación puntual do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica no ámbito da reserva de equipamento RU-10.

En cumprimento do exixido polo artigo 92.2 da LOUG, o acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, no cal se inserirá, así mesmo, a normativa urbanística aprobada.

O acto de aprobación definitiva da citada modificación puntual foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 22 de outubro de 2014, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa urbanística, publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 218, o día 13 de novembro de 2014.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014

Teresa Gutiérrez López
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible