Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre tramitación de expediente incursión na situación legal de fóra de ordenación, Comercial del Mueble Anxo, S.L.

Sométese a información pública o expediente número 2011/724, tramitado por instancia de Comercial del Mueble Anxo, S.L., para declarar na situación legal de fóra de ordenación un almacén comercial de mobles nunha nave industrial existente no Barrio do Monte, 65, na parroquia de Sanguiñeda deste municipio, para cumprir co punto 3º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais para que, quen se considere afectado pola actividade, poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións e observacións que teña por conveniente.

Mos, 20 de outubro de 2014

Julia Loureiro Campo
Concelleira delegada de Urbanismo