Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Grove

ANUNCIO de ampliación do prazo de exposición pública do PXOM do Grove.

O Pleno da corporación do Concello do Grove, en sesión extraordinaria-urxente que tivo lugar o 27 de novembro de 2014, adoptou o seguinte acordo por unanimidade dos presentes:

«Ampliación do período de exposición pública da documentación do PXOM do Grove nun mes máis, permitindo, polo tanto, que as alegacións sexan presentadas ata o vindeiro 13 de xaneiro de 2015».

O Grove, 28 de novembro de 2014

Miguel Ángel Pérez García
Alcalde