Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50115

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de ordenación de núcleo rural: establecemento de aliñacións nas Galiñeiras-O Vilar, parroquia de Sendelle.

Mediante resolución da Alcaldía aprobada polo Decreto 459/2014, do 13 de novembro, procedeuse á aprobación inicial do Plan especial de ordenación de núcleo rural: establecemento de aliñacións nas Galiñeiras-O Vilar, parroquia de Sendelle (Boimorto), que establece as aliñacións da súa rede viaria, o cal se somete a información pública en cumprimento do establecido no artigo 11.1 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo; artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, con carácter supletorio, o artigo 128 do Regulamento estatal de planeamento urbanístico, aprobado polo Real decreto 2159/1978.

O prazo de consultas e información pública será de vinte días, a partir da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación nun xornal dos de maior difusión provincial e no taboleiro de anuncios da casa do concello. Durante o dito prazo, o expediente e o documento do Plan especial de ordenación de núcleo rural: establecemento de aliñacións nas Galiñeiras-O Vilar, parroquia de Sendelle (Boimorto) poñen de manifesto na Secretaría deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 15.00 horas. No dito prazo, igualmente os interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Así mesmo, faise público que en aplicación, con carácter supletorio, do artigo 120.1 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se establece o Regulamento de planeamento urbanístico, se suspende o outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas na área determinada no expediente, e que o prazo de suspensión é dun ano.

Boimorto, 14 de novembro de 2014

Ana Ledo Fernández
Alcaldesa