Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50112

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de licitación, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, do contrato de servizos para a produción integral dos espectáculos que se celebrarán na 40ª Festa do Queixo do Concello de Arzúa (ano 2015).

1. Entidade adxudicadora: Concello de Arzúa.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: a produción integral dos espectáculos que se celebrarán na 40ª Festa do Queixo do Concello de Arzúa (ano 2015).

b) Nomenclatura: CPV-2008: 92312100-2.

c) Lugar de execución: Arzúa.

d) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o día 6 de marzo de 2015 (incluíndo a desmontaxe das instalacións).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento:

a) Orzamento de licitación: 140.000 euros (115.702,48 euros, máis 24.297,52 euros concepto de IVE ao 21 %).

b) Revisión de prezos: dada a natureza e o prazo de duración deste contrato, non procede revisión de prezos.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Departamento de Secretaría do Concello e no perfil do contratante
www.concellodearzua.com

b) Domicilio: rúa Santiago nº 2.

c) Localidade e código postal: Arzúa 15810.

d) Teléfonos: 981 50 00 00-981 81 50 01.

e) Telefax: 981 50 09 14.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14.00 horas do día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: segundo a cláusula 11.3.1 letra H) 1).

c) Solvencia técnica ou profesional: segundo a cláusula 11.3.1 letra H) 2).

8. Criterios de valoración:

Serán os seguintes:

1. Avaliables mediante xuízos de valor:

a) Mellores grupos ofertados segundo a filosofía do evento… ata 35 puntos.

b) Realización doutros espectáculos musicais por encima dos mínimos exixidos no prego… ata 5 puntos.

2. Avaliables de forma automática mediante aplicación de fórmulas:

c) Oferta económica… ata 40 puntos.

d) Achega económica ofertada polos licitadores que teña por finalidade a realización dunha campaña publicitaria relacionada co obxecto do contrato: espectáculos que terán lugar na 40ª Festa do Queixo do Concello de Arzúa (2015).… ata 10 puntos.

e) Realización de obradoiros culturais (gastronómicos, didácticos, musicais, pintura e/ou danza, etc…)… ata 10 puntos.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no último dos dous boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 11 nº 3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello.

10. Apertura das ofertas:

A mesa de contratación, ás 10.00 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das proposicións, abrirá a documentación presentada nos sobres A. A data de apertura do sobre B (en acto público) anunciarase previamente no taboleiro de anuncios do Concello e no perfil do contratante nos termos sinalados no correspondente prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de publicación dos anuncios de licitación: serán por conta do adxudicatario, ata un máximo de 1.000 euros.

Arzúa, 28 de novembro de 2014

José Luis García López
Alcalde