Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50119

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Toques

ANUNCIO de información pública sobre a construción de nave de ceba de porcino e fosa de xurro na Salgueira (Santa Mariña de Brañas).

Iban Roibás Bernárdez solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave de ceba de porcino e fosa de xurro que se situará na Salgueira, da parroquia de Santa Mariña de Brañas. En cumprimento do disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que empeza a contarse desde o día seguinte ao da última inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial da provincia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se xulguen oportunas.

Toques, 30 de outubro de 2014

José Antonio Castro Fraga
Alcalde