Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49909

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (779/2014).

Juan Rei Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 779/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Carlos Mato Gómez contra Edrogal, S.L., e o Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvo

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Carlos Mato Gómez fronte á empresa Edrogal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento con opción pola extinción da relación laboral, e con condena á empresa a aboar á parte demandante a indemnización de 37.382,4 euros.

2º. O Fogasa deberá avirse a esta resolución nos termos do artigo 23. 5 último parágrafo e 6, inciso primeiro, da LXS e artigo do 33 Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes.

Contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos previstos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou en audiencia pública no día da data, do que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Edrogal, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

O secretario xudicial