Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49907

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (455/2013 F).

Seguridade Social 455/2013 F

Sobre: seguridade social

Demandante: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogada: María Julia Garea Cao

Demandadas: Manucris Moda, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 455/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Manucris Moda, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é a seguinte:

«Sentenza: 534/2014.

Número de autos: 455/2013.

Na cidade da Coruña o trece de novembro de dous mil catorce.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, tras ver os presentes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, que comparece representada polo letrado Sr. Pablo Torrado Oubiña, e doutra como demandada Manucris Moda, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e INSS, que comparece representado pola letrada Sra. Natalia Suárez Herva.

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra as demandadas INSS e Manucris Moda, S.L., e absolvo as demandadas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Manucris Moda, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

María Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial