Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49905

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (698/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de sancións 698/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Ocampo Colmeiro contra a empresa Galicia Saudade, S.L., con intervención da administración concursal de Galicia Saudade, S.L., sobre sancións, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión din:

Sentenza:

A Coruña, 12 de novembro de 2014

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 698/2012, sendo parte neste, dun lado como demandante, Pilar Ocampo Colmeneiro, representada polo letrado Antonio Pousa Merens, e como demandada Galicia Saudade, S.L., que non comparece, con intervención da administración concursal de Galicia Saudade, S.L., que non comparece, sobre sanción, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza:

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta por Pilar Ocampo Colmeiro contra Galicia Saudade, S.L., con citación da administración concursal, debo revogar e revogo totalmente a sanción imposta á demandante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselles ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

A secretaria xudicial